FANNY + ALEXANDER - Lusco e fusco (2006)

Podes baixar os oito temas de LUSCO E FUSCO en mp3 nun zip de 47 Mb premendo aqui ou baixalos directamente coas seguintes ligazóns :
Capa do CD / Contracapa do CD / Inlay do CD / Letras
| | Lusco e Fusco tamén está editado físicamente en formato CD. Podes mercalo online pedíndollo por email ao grupo. |
FANNY+ALEXANDER - LUSCO E FUSCO (2006)
O dúo compostelán Fanny + Alexander fai o seu debut coa edición de oito temas -sete cantados en galego e un en inglés-, englobados baixo o título de Lusco e Fusco, nos que, dende a liberdade que proporciona a postmodernidade máis militante e o desprezo absoluto polo mercado e as modas, mesturan elementos tan heteroxéneos coma melodías pop con ritmos tradicionais galegos, orquestracións barrocas coa electrónica máis arriscada ou rimas hiphopeiras con guitarras espaciais. Sempre explotando a infinda paleta de sons que proporcionan as novas tecnoloxías: sintetizadores, guitarras -midi, acústica e eléctrica-, instrumentos clásicos, vocoders, acordeóns, caixas de ritmos, cordas orquestrais, clicks n' cuts, pandeiros... e por suposto o uso e abuso do sampling máis intensivo. En defintiva, poñendo os alicerces para a contemporaneización da música pop galega a base de machucar estilos, regras e etiquetas para, sen esquencer as propias raigames, xogar na mesma liga estética que formacións coma Hood, The Postal Service ou Electric President.
Myspace: http://www.myspace.com/fannyealexander
Web: http://www.fannyalexander.net
Fanny + Alexander en Facebook
- Fanny + Alexander - Finais dos 70's, comezos dos 80's (2007)
- Fanny + Alexander - Lusco e fusco (2006)
DISCOS COLECTIVOS:
- VV. AA - GZ POP! A nova fornada de Pop en Galego (2008)
- VV. AA. - Manifesto Dobarrista (Falcatruada, 2007)
- VV. AA. - EsCColma. Escoita e apoia (Caramuxo, 2007)
- VV. AA. - A Per Loca (Komunikando, 2006)

A licenza Copyleft empregada polo netlabel para a edición das obras é a



