26.12.07

ESTIBALIZ ESPINOSA - ZOOMMM textos biónicos (2007)

[E-BOOK] Libro en formato pdf:

Estíbaliz...Espinosa - ZOOMMM textos biónicos (2007).pdf

[AUDIO]
Textos do libro recitados e musicados pola autora:

Cryohibernación

Can-lobo

Suspense1

[AUDIO]
Tema de ambientación para o libro composto pola autora:

Paleolithics

Biopsia

E podería ter nacido en Bruxas no 1497, mais agromou en 1974 na Coruña.

“Se dixese de min un signo, diría puntos suspensivos”

É licenciada, mais non lembra en que. Si lembra algúns premios [Esquío, Novos Creadores, Podcasts Poetico-Artistics do Ajuntament de Tarragona]. Publicou 3 libros individuais: Pan (libro de ler e desler) [2000], -orama [2002] e número e [2004, premio Espiral Maior 2001]. Publicou 2 poemarios en volumes colectivos: Mecánica Zeleste (1998) e Versos de Construcción (1999) e participou en moitas antoloxías, libros colectivos e revistas nos ámbitos galego, español e alemán.

No campo da música dedica á experimentación sonora dixital e traballa como cantante de jazz e ópera. Foi actriz de teatro, curtametraxes e instalacións. Sospéitase un monstroso híbrido.

Ve películas de ciencia-ficción, le filosofía, come sushi, ten un fillo venezolano, canta en alemán e zulú, estudiou ruso e leva roupa interior chinesa.

Non é global nin cre na orixinalidade.
Usa enxertos de memoria.
Pregunta polo teu aspecto. Cantaruxa Fly me to the moon.

Como criatura mecánica vive nos seguintes enderezos:

www.estibalizes.wordpress.com
www.flickr.com/photos/acriaturamecanica
www.fotolog.com/acriatura

É B+. É carnívora. Tivo un gato. Mira ao chan cando camiña. Mira ao cosmos cando quere perderse. Debería usar gafas para ler os carteis indicadores

Foto de Noemí Cubillo www.noemicubillo.com

A Regueifa Netlabel www.aregueifa.net Apdo. de Correos 157 15780 Santiago de Compostela (CC) 2009

Alguns dereitos reservados