26.2.08

ATAQUE ESCAMPE - Galicia es una mierda (2008)

Podes baixar un Zip de 62 Mb cos trece temas de Galicia es una mierda en mp3 premendo aqui ou baixalos directamente coas seguintes ligazóns :

  1. Akira Toriyama
  2. A granxa de Alexandre
  3. Nadina
  4. A banda desdenhada (entre o Leo e o mamoneo)
  5. Serafín
  6. I'm Not Your Man
  7. Canción para pechar o Ruta
  8. Quero ser o malo da película
  9. Vista Alegre
  10. Arredor da cuestión nacional
  11. Galicia es una mierda
  12. O longo adeus
  13. Tres cantos a Lenin

Capa do CD / Letras



Galicia es una mierda tamén está editado comercialmente. Podes mercalo en tendas de discos e grandes superficies ou ben na nosa TENDA ONLINE.


ATAQUE ESCAMPE - GALICIA ES UNA MIERDA (2008)
Ataque Escampe pretende acoller en 47 minutos de musica dispersa e aridez sonora todas as contradicións existentes na Galiza, no mundo e na historia da música. De Manuel Antonio aos Tonechos, de John Wayne a Lenin, e de Neil Young aos Panchos. A
resolución, no mellor dos casos, estará nas orellas d@s que escoiten.
Ou non estará…ou será Spam.

SPAM
En Siberia estamos moitos xa por sempre derrotados. Só podemos cantar o branco desta hora, porque ao final de nada serven quilómetros e alcoholímetros, os segundos e os metrónomos, tantos decibelios como pouca a xente, toda esa caterva de desastres técnicos (táboa tras táboa, micro tras micro, resaca tras resaca), e só podemos cantar o branco desta hora na que semella que xa non estrelampará nunca. Porque seguimos no mesmo porto do que partimos, na liña de saída que algún día soñamos que nos había levar ao Tourmalet ou a calquera outro Medulio, mais que cedo descubriremos como o peor dos espellismos, de haberen espellismos nesta salvaxe tundra do cotiá.

Hoxe só nos queda Vista Alegre, onde nace e morre toda Compostela. Hoxe só nos queda a seguridade de descoñecer se é ou non a Ruta 66 o mellor camiño para chegar ao Conxo das nosas traxedias sinfónicas. Hoxe só nos fica a cita literaria como un exercicio de decadentismo pretendidamente posmoderno, mentres un aquel de folerpas afganas insisten en nós aseverar que xa non, que desistamos, que non escampará; non mentres as cordas rotas continúen a se mofar da dor que nos provoca a insuficiencia do real, o metal das compañeiras, un dragón asiático, os cubiños de xeo, transparentes coma bumeráns.

Hoxe, como entón, só as pendentes dos pentagramas que non sabemos escribir. A rabia dos concertos nos que non fomos capaces. Os versos que non encabalgamos. Os grafitis que non soubemos ilegalizar: Galicia is diferent. Galicia Calidade. Galiza GAL & CÍA. Galicia is a shit. E, claro, como non podía ser doutro xeito, quédanos tamén (algo é algo) este odioso sentido do humor no que nos refuxiamos da sarabia, e que nos fai dicir, con prosodia de himno e un ridículo sorriso entre os audífonos: Galicia is a shit, but Galicia is not spam.

Contacto: ataqueescampe@gmail.com / (+34) 625789363
Myspace: http://www.myspace.com/ataquescampe
Blog: http://ataqueescampe.blogspot.com/

Ataque Escampe son:
Roi Vidal Ponte: percusións, kazoo, labios, lixas, harmónica, coros, voces.
Marco Gelpi: acordeón, cuncas tibetás, trompeta, guitarra.
Samuel Solleiro: violín, guitarras, teclas, coros, asubíos, voces.
Miguel Mosqueira Fociños: guitarra acústica, baixo, teclas, campás, coros, voces.
Alex Charlón: voz

Participaron:
Xoel Méndez: banjo, cuatro
Paku Granxa: voces
Juan José Carbonell: congas
Iván Pantín: tuba
Xoán Lois G. Carlín: piano, caixa
Borxa Insua: serrucho
Andrea Frayas (Sacha na Horta) canta en Serafín
Brais Gutiérrez (Sacha na Horta) toca o acordeón en Serafín
Xoán Xosé Cruz (Qronopios) toca o clarinete en Arredor da cuestión nacional e A granxa de Alexandre

Rematado de gravar o 17 de xaneiro de 2008 no estudio Pousada Son (Ames)
Son e mesturas: Yago Pico
Masterización: Noel Feáns
Produción: Ataque Escampe
Todos os temas compostos por Ataque Escampe
Ilustración e deseño: Adrián Solleiro
Fotografía: Alba Viñas


Ataque Escampe - Pra che falar de amor (na TVG)

A Regueifa Netlabel www.aregueifa.net Apdo. de Correos 157 15780 Santiago de Compostela (CC) 2009

Alguns dereitos reservados