Podes baixar un Zip de 24 Mb co disco enteiro en mp3 ou os temas por separado coas seguintes ligazóns:
MAGRITTE - Viaxe á lúa (2009)
- Amor na televisión
- Escravo das estrelas
- Esta cancion no dice nada
- O alpinista
- O mundo é tan redondo
- Se desvanece
“Magritte” é o primeiro proxecto musical conxunto da actriz de teatro Nate Borrajo ( Sarabela Teatro, La Imagina Machina...) e o músico e compositor José Lameiras (El Pararrayos, Los Cambiantes...). “Magritte” preséntase cun cd debut titulado “ Viaxe á Lúa” no que se inclúen 6 canciones compostas música e letra por José Lameiras, quen tamén se encargou de gravar guitarras e voces e batería. Na gravación participaron músicos como Jesús Dopazo (guitarras e teclados), Aser Alvarez (batería) e Xurxo Labrador (baixo eléctrico) e o actor e cantante Josito Porto, quen participou activamente nos arreglos vocais. As dez cancións foron gravadas e mesturadas en Xingreira-Estudio, sendo técnico de son Sergio Lameiras. Os arranxos son de “Magritte” .
A maior parte das cancións de “ Viaxe á Lúa” foron rexistradas en directo no estudo, para captar así un son e unha interpretación fresca e directa. A instrumentación e os arranxos das cancións son sinxelas e concretas deixando en todo momento o primeiro plano para a voz de “Nate Borrajo” que se amosa cunha voz persoal, sensual e por momentos teatral que encaixa perfectamente coas letras aparentemente sinxelas e irónicas de José Lameiras.
Contacto: info@magrittemusica.com
Myspace: www.myspace.com/magrittemusica