GALEGOZ - Viñeron da Galiza Interior
Podes baixar un Zip de 23 Mb co disco enteiro en mp3 ou os temas por separado coas seguintes ligazóns:
GALEGOZ - Viñeron da Galiza Interior.zip
En 2007 a banda tocou ó longo de toda a xeografía galega presentando o seu segundo traballo “Revolution Dance” nos festivais mais importantes do pais. A banda Galegoz está formada por: Denís Mutante (voz), Pulpiño Viascón (batería, percusións e voz), Marcos Payno (programacións e voz), Manuel Payno (trompeta e coros), Alex Salgueiro (frauta e teclado), Tomas Ruido (Técnico de son e produción técnica ), Matías Olazábal (guitarra) e Chou (Samplers, video-dj e son).
Bases electrónicas mesturadas con reggae, funk e soul, e salpicadas por letras combativas, irreverentes e as veces incluso surrealistas conforman o orixinal son de GalegoZ. Música marxista-electricista, ARANHOTO STYLE! Música para bailar pensada e feita en Galiza. Samplers, loops, percusions, guitarras, ventos e voces, apoiados por vídeo e performance conforman este espectáculo galego multimedia. Unha ciber-verbena electrónica con melodías sinxelas, ventos contundentes, estética circense, actitude punk e tres voces dándolle guerra ó poder e as inxustizas sociais, fuxindo de dogmatismos e sen perder nunca o bon humor... E, por suposto, sen esquecerse da festa.

Myspace: http://www.myspace.com/galegozstyle

A licenza Copyleft empregada polo netlabel para a edición das obras é a




