12.2.10

Guezos - Oito destinos (2010)

Podes baixar un Zip de 54 Mb co disco enteiro en mp3 ou os temas por separado coas seguintes ligazóns:

Guezos - Oito destinos (2010).zip

  1. Guezada 69
  2. A esmorga
  3. Acción-reacción
  4. Identidade
  5. Todo perfecto
  6. Vals do Regueiro
  7. Amodo
  8. Benvida a Terradentro
  9. Terradentro (2009)


Guezos
nace en 1999 na cidade de Ourense, como proxecto de grupo musical tradicional, sen excesivas pretensións. O seu primeiro traballo aparece un ano despois en forma de maqueta, un traballo de corte tradicional con sons moi acústicos do que se chegarían a vender máis de 1.000 copias. Con esta maqueta xa na rúa Guezos lánzase ó directo. Deste xeito percorre unha boa parte da xeografía galega e entra en contacto directo con outras bandas de inquedanzas semellantes. Despois de varios cambios na formación inicial a banda grava o seu segundo traballo en 2004, “Terradentro”. Un disco máis contundente e experimental no que queda patente a súa continua procura dunha identidade propia. Este traballo abriríalle as portas en festivais de tanta sona como o Festival do Mundo Celta de Ortigueira, a Noite do Trasno, o Folkardente ou o Festival Folk de Vilariño, compartindo escenario con Mercedes Peón, Os Cempés, Susana Seivane, Lamatumbá, etc. O 2006 será un ano importante para a banda, que contará co apoio dun público que fará do seu tema "A das Festas" o máis votado no concurso da RTVG "A Polo Ghit".

No 2009 saca novo traballo, "Oito destinos", co que consolida a súa traxectori. Este traballo de Guezos, foi gravado nos Estudios Mu! de Vigo coa producción de Pedro Feijoó na Primavera de 2009. Cada unha das oito cancións que compoñen o disco é unha viaxe musical distinta. Coñecemos o punto de partida pero nunca o de chegada, que será sempre unha sorpresa sonora. Oito destinos tamén é o traballo de oito persoas altamente implicadas durante máis dun ano de composición, ensaio e gravación.

- Adrián Beiroa - Voz principal, guit. acústica.
- David Quintas - Guitarra eléctrica, guit. acústica.
- Modesto Cid - Gaita, whistle.
- Xabier domínguez - Gaita, whistle.
- Francisco Díaz - Batería.
- Roberto Reboiro - Baixo.
- Anxo Fernández - Coros, teclados, acordeón.

Web: www.guezos.com

Blog: blogs.ya.com/guezos

A Regueifa Netlabel www.aregueifa.net Apdo. de Correos 157 15780 Santiago de Compostela (CC) 2009

Alguns dereitos reservados