9.3.10

Noise Project - Asuntos que se resolven co tempo (2010)

Podes baixar un Zip de 108 Mb co disco enteiro en mp3 ou os temas por separado coas seguintes ligazóns:

Noise Project - Asuntos que se resolven co tempo (2010).zip

  1. B
  2. Sempre me toca ser poli
  3. Que se pare o mundo cando me dea o sol
  4. A madalena
  5. Amok
  6. A casa do ancián
  7. Morte e destrución
  8. Gin tonic con Ali Agca
  9. Concerto de disfraces
  10. C
  11. Golfiños
  12. Deus
  13. ρ



Este disco tamén está editado comercialmente. Podes mercalo en CD en A REGUEIFA TENDA, tendas de discos tradicionais e grandes superficies. Tamén está disponible en Itunes.


NOISE PROJECT - Asuntos que se resolven co tempo (2010)
A vocación vangardista vencellada ao compromiso coa nosa língua tivo dous referentes indiscutíbeis na historia da nosa música: a finais dos 70 cos composteláns N.H.U. e nos 80 con Os Resentidos de Antón Reixa. Nestas coordenadas sitúanse Noise Project, un sexteto de Valga que se move entre o post-rock e a querencia máis desacomplexada polo noise. Os seus referentes van dende Sonic Youth a Pavement, pasando por Mogwai, Explosions in the Sky, Godspeed You Black Emperor!, The Jesus & Mary Chain, o shoegaze ou os propios N.H.U.

BIO

Noise Project formouse no 2004 no Teleclube en Valga. Despois de varios cambios na formación, o grupo actual está composto por Raúl (guitarra e voz), Oscar (baixo), Víctor (batería), Javier (guitarra e voz), Ernesto (teclado) e Álvaro (guitarra e voz). No 2009 conseguen chegar ás semifinais do concurso Proyecto Demo (FIB). Neste mesmo ano tocan no Festival do Norte con grupos como Standstill, Herman Dune ou Delorean.
No 2010 telonean a Piano Magic e publícase o disco “Asuntos que se resolven co tempo”, gravado no Estudio Círculo Polar (Ogrove), que presentan nunha xira conxunta co grupo Mequetrefe.

Contacto: noise-project@hotmail.com

Myspace: http://www.myspace.com/noiseproject

Todos os temas compostos por Noise Project. Gravado nos estudos Círculo Polar do Grove. Deseño da capa de Fran Devesa

1.3.10

Agoraphobia - Mentir y gobernar (2010)

Podes baixar un Zip de 26 Mb co disco enteiro en mp3 ou os temas por separado coas seguintes ligazóns:

Agoraphobia - Mentir y gobernar (2010)

  1. ¿Quien?
  2. How you remind me
  3. Mentir y gobernar
  4. Gritaremos libertad!!!
  5. Te aporreo
  6. Perdiendo la mirada


Unha banda de catro rapazas, Susana a voz e guitarra, Aislyn guitarra e coros, Sara ó baixo e Carla na batería, procedentes de Boiro, con non mais de 20 anos nengunha delas, influenciadas polo punk-rock mais actual (The Vines,… ) e o mesmo tempo soando o punk de sempre, coñecéronse no instituto , escoitaban a mesma musica, no mesmo circulo de amigos e decidiron montar unha banda de rock ,unha historia que por repetida amosa algunhas diferenzas, so chega con escoitar a súa primeira maqueta…..teñen algo, presentan unha proposta distinta, temas frescos que definitivamente marcan a liña por onde quere descorrer Agoraphobia, por onde queren camiñar as súas intencións e pola xuventude da banda mostran unha madurez no seu prantexamento.

Iniciaron esta andaina no 2006 con so 16 anos e nun par de anos mostráronse como unha das propostas mais interesantes da escena galega e acapararon a atención de diversos medios, incluídas sendas reportaxes na televisión (Miraxes e Banda Curta na televisión de Galicia) , grazas a internet foron dándose a coñecer e participando en diversos concursos (tercer premio no Musica Xove), o mesmo tempo decidiron gravar a súa primeira maqueta , única gravación ata o de agora , de 6 temas, cinco propios e unha versión,con letras criticas e directas. Despois deste tempo asumen o novo reto, con moita ilusión, de seguir avanzando para consolidar este proxecto, con novas composicións, tocando o máximo posíbel , e demostrando que teñen un oco e o apoio de moita xente que sempre estivo o seu carón. Desde Boiro, Agoraphobia, Punk-Rock.

Myspace: myspace.com/agoraphobiaboiro

FB: Agoraphobia Facebook

A Regueifa Netlabel www.aregueifa.net Apdo. de Correos 157 15780 Santiago de Compostela (CC) 2009

Alguns dereitos reservados