10.1.11

Carrero Bianco - Oferta de lanzamiento (2011)

Podes baixar un Zip de 33 Mb co disco enteiro en mp3 coa seguinte ligazón:

Carrero Bianco - Oferta de lanzamiento (2011).zip


"En pouco máis dun ano -Carrero Bianco nacen en Ferrol na primavera do 2009- convertéronse nunha das grandes esperanzas da escena independente galega. A súa peculiar revisión da new wave levounos a defender unha proposta que poderiamos definir como a nova onda dentro a nova onda, é dicir, un cóctel explosivo no que caben o post punk, o electro e o tecnopop, todo iso aderezado cun chisco de Pegamoides, outra de Derribas Arias e Devo, e unhas pingas de metafísica. En definitiva, estamos ante un grupo con corazón 80s que actualiza a proposta para elevala a un novo nivel.
Carrero Bianco son Rocío Bianco (batería electrónica e voces), Blas Bianco (baixo e voces), Joaquín Bianco Quincho (guitarra, microkorg, voces) e Sergio aka Agostinho Bianco (teclados varios e microkorg)."

Fonte: Lafonoteca.net

Web: http://www.myspace.com/carrerobianco


A Regueifa Netlabel www.aregueifa.net Apdo. de Correos 157 15780 Santiago de Compostela (CC) 2009

Alguns dereitos reservados