30.3.11

TERBUTALINA - Live in Catoira (2011)

Podes baixar un Zip de 19 Mb co disco enteiro en mp3 coa seguinte ligazón:

TERBUTALINA - Live in Catoira (2011).zip


“Live in Catoira” son oito temas extraídos do concerto que a Terbutalina perpetrou en Catoira en febreiro de 2011 e supón a presentación desta banda de rock de garaxe de Muros.

A Terbutalina nace no 2010 cando ex-membros de grupos como THE, Metralla, Skaiola Borrokal ou Süiss dan en se xuntar e tirar para adiante. Elaboran unha recua de temas, comezan a dar concertos baixo a máxima “mellor arriscarse e que rompa” e convértense na esperanza negra da música muradá.

Monógamos, promiscuos e cun corazón que non lles colle no peito.

Membros:
Miguel: voz principal e guitarra.
Mon: voces e guitarra
Samuel L. París
: voces e baixo.
Brais: voces e batería.

Contacto:
aterbutalina@hotmail.com

669 982 962 (Samuel L. París)
http://www.myspace.com/terbutalina
http://twitter.com/terbutalina
http://terbutalina.blogaliza.org

A Regueifa Netlabel www.aregueifa.net Apdo. de Correos 157 15780 Santiago de Compostela (CC) 2009

Alguns dereitos reservados