16.10.09

Cudevaso - Tryin' to Fuck You (2009)

Podes baixar un Zip de 31 Mb co disco enteiro en mp3 ou os temas por separado coas seguintes ligazóns:

Cudevaso - Tryin' to Fuck You (2009).zip

  1. Tryin' to fuck me
  2. So what
  3. Put on myspace your songs
  4. Si cres que me drogo te pegare un tiro
  5. Maquinism
  6. Express!
  7. Wanna destroy your ears
  8. Kurwa
  9. Trash old
  10. Can en celo

"CUDEVASO fórmase a principios de 2008 como vía de escape a outros proxectos paralelos dos seus integrantes. A primeira aparición pública fana na 2ª edición do Stroszek Ballroom, festival itinerante e subterráneo que se realiza principalmente en pisos particulares, que nesa ocasión estaba emprazado na planta 19 dun edificio en Riazor. Acompánhano nesta tolería os grupos de punk e rock & roll CREATIVOS CERO e MEGALOVES e esta data convírtese no punto de partida dun proxecto de disco que se comeza a forxar entre os seus integrantes: W (Telephones Rouges, JIJIJI), 18% (Telephones Rouges) e Fbas.

Logo de deixar aparcado o grupo por distintos motivos, a mediados de decembro de 2008, decídense a gravar o seu primeiro EP que se chamará como unha das súas cancións máis conhecidas: "Tryin' to fuck you!" e será editado físicamente en outubro do 2009 polo selo madrileño Fater Disks (http://www.myspace.com/faterdisks) e nos Estados Unidos polo selo Neon Aztec (http://www.myspace.com/neonaztec). A gravación comeza en xaneiro do 2009 no estudo caseiro de W e remata en maio do mesmo ano con problemas entre os integrantes, pero con 10 temas gravados e un videoclip encargado a Rubén Domínguez."

Myspace: http://www.myspace.com/cudevaso
Contacto: cudevaso@gmail.com


8.10.09

C.W. Smith - Room 101 (2009)

Podes baixar un Zip de 55 Mb co disco enteiro en mp3 ou os temas por separado coas seguintes ligazóns:

C.W. Smith - Room 101 (2009).zip

  1. In our time
  2. Brand Us
  3. Fuzz
  4. Le Big cinema
  5. The Golden Goose
  6. Eton Mess
  7. Truffle Dogs
  8. Los repelentes ninhos vicente
  9. A verdade do número 6
  10. Trintaecinco
  11. Wang Dang Doodle
  12. Summer Wine

''Despois de dez anos vivindo na rua que vertebrou os Small Faces, East London marca a confluencia forzada e ingrata do multiculturalismo real. Filth. Dystopia.
C.W.Smith e o soño expansivo dun outsider no mundo Orwelliano da videocreacion policial interurbana, do escravismo asalariado, e dos procesos de construción e deconstrución da opinión pública. C.W.Smith grava na precaria intimidade da súa Telescreen caseira, responsabilizándose das guitarras, baixo, banjo, sintetizadores VST, Roland MC-303, e puzzles percusivos de corta e pega. Room 101 é un esforzo levado a cabo durante o mes de marzo do 2009, nun apartamento en Romford road, East London. Material coma A Verdade do numero 6, Truffle dogs, os Repelentes ninhos Vicente, Trintaecinco e Le Big Cinema foi improvisado sobre a marcha no proceso de produción. Temáticas de enxeñería social, marketing, guerra, rexeitamento, lírica algorítmica e economía aplicada. Con protesta en inglés, escarnio en castelán e poesía en galego. E viceversa.
Até que a policia do pensamento nos atope e nos reconfiguren no ministerio do amor. Room 101.''

Todolos temas compostos e interpretados por Carlos Paz

Contacto: cwinstonsmith@btopenworld.com / (0044) 7799363953
Web: http://www.reverbnation.com/cwsmith

26.5.09

ATAQUE ESCAMPE - A grande evasión (2009)

Podes baixar un Zip de 66 Mb co disco enteiro en mp3 ou os temas por separado coas seguintes ligazóns:

1. A grande evasión
2. Europa e o ballet
3. Turnip fields forever
4. Narval
5. Lavacolla
6. A febre
7. Sempre nos matan
8. Os vingativos
9. Ti es lawrence?
10. Alvedro
11. O futuro da navegación
12. O último vampiro
13. No estómago dun crocodilo
14. Estrela errante
15. Peinador
16. A abordaxe final
17. Criptozooloxía aplicada
18. Non hai lúa
19. Alcatraz





A grande evasión tamén está editado comercialmente. Podes mercalo en CD en A REGUEIFA TENDA, tendas de discos tradicionais e grandes superficies.


ATAQUE ESCAMPE - A grande evasión
Porque existe o mundo e pode ser de todas... Despois de Galicia es una mierda, Ataque Escampe emprende, neste seu segundo disco, a aventura de construír unha epopea: fuxir da prisión para regresar novamente a ela. Teñan o valor de deixarse levar e acompañar ao grupo nesta longa singradura polas melodías da evasión. De certo que acadarán os lugares máis xélidos e afastados, coñecerán as especies imposíbeis e verán solpores que nunca existirán. E perdan coidado polo seu posto de traballo estábel e remunerado, alí onde irán non o han necesitar. Leven, iso si, unha grande mala, pois estas historias son coma souvenirs: pequenas e baratas na súa extensión, mais enormes ao nos transportaren ao lugar máis inseguro, capitais a arder de ruído, continentes especiais, espaciais. E lembre, o seu camarote está nas orellas, pécheas se non quere que lle rouben algún obxecto valioso Ladies and gentlemen, tomen asento, pechen os ollos e vaian quentando os pés. Come fly with us. A aventura pode comezar.

Contacto: ataqueescampe@gmail.com This e-mail address is being protected from spam bots, you need JavaScript enabled to view it / (+34) 625789363
Myspace: http://www.myspace.com/ataquescampe
Blog: http://ataqueescampe.blogspot.com


Participaron n`A grande evasión:

Álex Charlón: voz, coros
Marco Gelpi: guitarra eléctrica
Miguel Mosqueira: guitarras, baixo, coros, voz
Samuel Solleiro: banjo, guitarras, slide, xilófono e coros.
Roi Vidal: batería electrónica, kazoo, coros.
Francesc 'Paq' Esteve: acordeón.
Xoán Lois G. Carlín: piano, teclados e sintetizadores.

Coa colaboración especial de:

Luís Garrido: saxo alto en “No estómago dun crocodilo”
Roi do Forno: violín en “Europa e o ballet”
Manuel Payno: trompeta en “Non hai lúa”

Gravouse nos estudios do edificio Avante (Santiago de Compostela) durante o mes de marzo e foi mesturado e masterizado en abril de 2009.

Gravación: Marcos Payno e Tomás Axeitos
Mesturas: Tomás Axeitos e Marcos Payno
Masterización: Chou
Fotografía: Alba Viñas
Deseño gráfico: Xosé Carlos Hidalgo

Acompañáronnos nesta grande excursión (sen sabelo): John Sturges, María do Cebreiro, Don Siegel, John Huston, Walter Winser, Lonnie Chatron, Antonio Molina, The Mamas & The Papas, Koji Kondo, María Lado, Lee Marvin, The Beatles, Nicholas Ray, Raoul Walsh, David Lean, Neil Young, Andrés do Barro e The Shadows. Elas e eles saberán disimular. A propiedade intelectual é un roubo. Obrigadas a toda a xente que nos quere, xuntas ou por separado. Producido e perpetrado por Ataque Escampe.

DISCOGRAFÍA
-Galicia es una fiesta - Ataque Escampe meets Dr. Painkiller (ARP, 2008)

-Galicia es una mierda (ARP e A Regueifa Discos, 2008)
-Ed Wood e a invasión dos paraugas asasinos (ARP, 2007)

DISCOS COLECTIVOS

-GZ Pop! A nova fornada de pop en galego (Xunta de Galicia, 2008)

-Manifesto Dobarrista (ARP, Lonxa Cultural, Falcatruada 2007)
-Esccolma (Caramuxo 2007)
-Aturuxa! (C.S. Aturuxo 2007)


Criptozooloxía aplicada (Videoclip)


19.5.09

INES LISTE - Teria que drogarme (2009)


Podes baixar o libro electrónico en formato PDF coa seguinte ligazón:



Hai historias preciosas a acontecer arredor de nós, historias que se van xestando ata estourar no ceo como cohetes. Cando mesturas esas marabillosas historias coa raiba, a dor e a impotencia acontece o horror: tropezar nunha pedra e non ser quen de saír dos acantilados nos que unha cae. Nos mesmos acantilados nos que se cae cando momentos de extrema lucidez che amosan a merda toda do mundo. E caes sentindo coiteladas na carne (que aturas porque todo semella tan irreal que ten que ser mentira) mentres na desesperación as ilusións van morrendo. E un día estoupas e abres os ollos e non é esa a vida que querías vivir e acontece “Tería que drogarme”. Porque hai vida. Porque así é a vida.

SOBRE A AUTORA
Inés Liste, baixo o pseudónimo de besbe, comezou a escribir un blogue no 2006, colaborou na revista de música Sono-Tone e escribiu artigos de opinión no xornal Galiciaé. A Regueifa doulle a oportunidade de sacar á luz 28 e a idea de coordinar Proxecto Identidade. Agora presenta Tería que drogarme.

4.5.09

FANNY + ALEXANDER - Alfaias (2009)

Podes baixar un Zip de 84 Mb co disco enteiro en mp3 ou os temas por separado coas seguintes ligazóns:

FANNY + ALEXANDER - Alfaias (2009).zip

  1. Setecentos
  2. Espida de credo
  3. Tardes de domingo
  4. Píntamas de escuro
  5. Na febre dos incendios
  6. Artefacto Burbur
  7. Vigo ou Berlin
  8. Que non caiba máis nada
  9. Toda esa enerxía escura
  10. Autopoética in Progress
  11. Mans abertas e ollos pechados



Alfaias tamén está editado comercialmente. Podes mercalo en CD en A REGUEIFA TENDA, tendas de discos tradicionais e grandes superficies. Tamén está disponible en Itunes.


FANNY+ALEXANDER – Alfaias (A Regueifa Discos, 2009)

Os composteláns Fanny + Alexander están de volta co seu terceiro disco, Alfaias, de novo editado baixo licenza Creative Commons tanto en formato físico a traves de A Regueifa Discos coma en formato mp3 no netlabel A Regueifa Plataforma. Ao longo de once novos temas o duo percorre as distintas aristas do poliédrico Pop contemporáneo, indo dende o pop indietrónico de temas coma Setecentos e Espida de credo até o pop acústico e canónico de músicas coma Tardes de domingo e Na febre dos incendios, sen renunciar nunca á atitude experimentadora e permanente vontade de penetrar en estilos aínda inéditos na nosa lingua, coa firme vocación de levar o pop galego aos sons do século XXI.
Continuando coa liña dos seus dous primeiros traballos, as letras de todos os temas son adapatacións de textos de autores galegos da súa xeración (Mario Regueira, Emma Couceiro, Diego Ameixeiras, Lara Dopazo Ruibal, Xiana Arias, Igor Lugris, Pedro Lamas, Yolanda Castaño, Estibaliz Espinosa, Daniel Salgado e Alberte Momán), contando ademais coa colaboración das voces de Carlos Valcárcel de Projecto Mourente en Artefacto Burbur, Martin Wu de The Homens en Toda esa enerxia escura, Alex Charlón de Ataque Escampe en Vigo ou Berlin e o hammond de Banin de Los Planetas en Tardes de domingo.

Contacto: fannyalexander@gmail.com / (+34) 685886158
Myspace:
www.myspace.com/fannyealexander
Web:
www.fannyalexander.net
Fanny + Alexander
en Facebook


Fanny + Alexander: Efi (voz, guitarra acústica e frauta traveseira) e Noel (voz, guitarra eléctrica, guitarra midi, teclados, baixo, batería electrónica, gaita midi, sampling, arranxos e programacións).

Todos os temas compostos, interpretados e producidos por Fanny + Alexander. As letras son adaptacións de poemas dos seguintes autores: Mario Regueira (1), Emma Couceiro (2), Lara Dopazo Ruibal (4), Xiana Arias (5), Igor Lugris (6), Pedro Lamas (7), Yolanda Castaño (8), Estibaliz Espinosa (9), Daniel Salgado (10) e Alberte Momán (11). Tardes de domingo (3) é a adaptación dun capítulo da novela Tres segundos de memoria de Diego Ameixeiras. Colaboraron coas súas voces: Carlos Valcárcel de Projecto Mourente (6), Martin Wu de The Homens (9), Alex Charlón de Ataque Escampe (7). Esteban Fraile "Banin" de Los Planetas tocou o hammond en Tardes de domingo. Foto da capa de Ed Uthman baixo licenza Creative Commons. Gravado, mesturado e masterizado na casa entre o inverno de 2008 e a primavera de 2009.

DISCOGRAFIA:
- Fanny + Alexander - Alfaias (2009)
- Fanny + Alexander - Finais dos 70's, comezos dos 80's (2007)
- Fanny + Alexander - Lusco e fusco (2006)

DISCOS COLECTIVOS:
- VV. AA - GZ POP! A nova fornada de Pop en Galego (2008)

- VV. AA. - Manifesto Dobarrista (Falcatruada, 2007)
- VV. AA. - EsCColma. Escoita e apoia (Caramuxo, 2007)
- VV. AA. - A Per Loca (Komunikando, 2006)

BANDAS SONORAS:
- NEMO (Miguel Mariño, 2008)
- SANATORIO (Jacobo Paz, 2006)

Setecentos (Videoclip)

Espida de credo (Videoclip)


30.4.09

ESQUIOS - Eche o que hai (2009)

Podes baixar un Zip de 45 Mb co disco enteiro en mp3 ou os temas por separado coas seguintes ligazóns:

ESQUIOS - Eche o que hai (2009).zip

  1. A sega
  2. Non caerei máis
  3. O Perolas
  4. Progreso
  5. Sinferencia Episcopal
  6. Sarna con gusto
  7. O galo do corral
  8. Carta á SGAE
  9. Politikiños
  10. As bágoas de Gaia
  11. Pogomuiñeira
  12. Insomnio

"Un ano e pico despois do anterior cd (UN TIPO NORMAL), e despois dun parón provocado por motivos alleos a música, volvemos Esquios á carga co noso terceiro cd, que deixa ben claras as nosas intencións dende o seu título: ECHE O QUE HAI!
Poñendo en práctica a máxima punk DIY(do it yourself, faino ti mesmo), fixemos algo que nos facía moita ilusión: realizar a gravación nos mesmos e cos nosos medios (agás as voces). Dende que decidimos autoproducirnos, pensamos que dado o carácter espontáneo e directo da nosa música e que iamos dispoñer de moito tempo para gravar (non había que pagar estudio), non sería boa cousa extenderse no tema, senón facela gravación da forma máis espontánea e directa posible, por riba de outras consideracións técnicas. Obxetivo cumprido: a música gravouse en dous días, e as voces en dúas horas.

É por iso, que este disco está feito máis co corazón que ca cabeza, dándolle máis importancia a humanidade, o sentimento, a espontaneidade, a diversión que a perfección robótica, a compresión sen límite (do audio) ou a esa absurda guerra da industria musical actual, que a nós parécenos ridícula, de soar co maior volumen posible a calquer precio.

Coma resultas 11 temas cantados en galego máis unha instrumental, nas que poderedes escoitar aires funkys, garaxe, blues-rock, hardcore (todo pasado polo noso tamiz) ata clásicos trallazos punk-rock, con letras as veces divertidas e coñeiras, as veces ca intención de furgar un pouco nalgunhas feridas.

Por iso agardamos que este disco vos guste tanto como a nós, e que acudades a algúns dos concertos que daremos para presentalo, onde a diversión e a festa estará garantizada!!

P.D.: se vos gusta o disco, podedes faceros con el (mellor mercandoo jeje), na vosa tenda favorita."

Esquios son:

Jorge Rodríguez--- Guitarra e coros
Jorge Iglesias--- Batería
Pedro Dono_ Baixo e coros
Migle Castro--- Voces



Contacto: esquios@esquios.com
Myspace: http://www.myspace.com/esquios
Web: http://www.esquios.com/

29.4.09

MACHINA - Post-Bravu (2009)

Podes baixar un Zip de 75 Mb co disco enteiro en mp3 ou os temas por separado coas seguintes ligazóns:

MACHINA - Post-Bravu (2009).zip

  1. Pola boca morre o peixe
  2. Liberdade
  3. Manolo Kazolo
  4. O mundo decide morrer
  5. A obrigación da implicación
  6. Todo o que non temos
  7. Dean paso á coraxe
  8. Esperanza
  9. Quero estar só
  10. Fodida vocación
  11. Agora segue
  12. Son servo
  13. Machinazón

BIO
Machina
chega dende Cerceda, un dos berces do rock galego (Zënzar, Desertores do Arado, Nasser, Shangrila, Sensacha, Presencia Zero). A banda sufriu moitas tranformacións dende os seu inicios no ano 2001 ata chegar a actual formación, mextura de diversos músicos pasados por bandas míticas da escea galega como Presenca Zero, Banda Melghacha e Banda Potenkim. Presentando unha proposta que se pode considerar alternativa non só na música en Galego senón tamén, na música do noso país e empregando sempre o Galego como fonte de expresión, Machina achéganos o seu peculiar estilo difícil de calificar pero que poderiamos etiquetar como emo-core. As súas influencias son moi variadas pero por citar algunhas: The Used, Tool, Deftones, 36Crazyfits, Körn, At The Drive in, Berri Txarrak. A banda Cercedense herdeira do chamado “sons Cerceda” propón a súa receita de ingredentes emotivos e cañeiros sempre en Galego e sen xusificacións por así facelo.





Contacto: machina_gz@hotmail.com
Myspace: http://www.myspace.com/machinagz
Web: http://www.machinzgz.com/

27.4.09

KASTOMA - Almas da noite (2009)

Podes baixar un Zip de 48 Mb co disco enteiro en mp3 ou os temas por separado coas seguintes ligazóns:

KASTOMA - Almas da noite.zip

  1. Samhain
  2. Infancia
  3. Ruido
  4. O tempo que perdin
  5. Grelo 66
  6. Pechando a noite
  7. Polvo quente
  8. Almas da noite
  9. Blus de Sta. Crus
  10. Abrindo camiño

Kastomä é un grupo de rock en galego, da Terra de Ordes, que nace no ano 2000. O grupo está integrado por cinco compoñentes, JCR Soneira á voz, Antonio á batería, Sito á guitarra, Oscar ó baixo e David á guitarra. Din que o seu estilo é un estilo xa inventado pero con influencias nocturnas acumuladas dende inicios de século, "que é o que lle dá o toque personal ás cancións". Teñen 2 Maquetas editadas, "Tomamoslle outra" (2001) e "Mestres de Pesadelos" (2005), e estrean agora este disco con 10 temas, "Almas da Noite", editado en formato físico por Falcatruada e distribuído por A Lonxa Cultural.

Almas da Noite conta coas colaboracións de:Silvia Garcia (Ex. – Pinacle) e María Prado (trompetas en A Infancia), Mario Candal de O Chícharo Psicótico (teclado en A Infancia), Mario Grela, Tabeaio e Xosé M. Bocixa dos Zënzar (voces e coros en Polvo Quente), Juan Verea, Ex. - Pussy Calandracas ( guitarra solista en O Tempo Que Perdín), Miguel Calvo, Ex. Os Gin Tonics (coros en Pechando A Noite), Luis Rios (coros en Polvo Quente) e a Asociación A Revoltosa (coros en O Blues de Sta. Crus). Parte deles xunto con Dios Ke te Crew que colaboraron en Mestres de Pesadelos, e Machina pertencen a Ordes e Cerceda e son unha mostra do movemento musical que esta zona xenerou. Este disco foi gravado durante o veran do 2008 na Coruña nos estudios Treboada por Paco Liaño (guitarras e voces) e nos estudios Bonham por José Martinez (baixo, batería e masterizado final).





Contacto: kastoma@hotmail.com
Myspace: http://www.myspace.com/kastoma
Web: http://www.kastoma.com/

23.4.09

LEITE DE NAI - Leite non sobra (2009)

Podes baixar un Zip de 59 Mb co disco enteiro en mp3 ou os temas por separado coas seguintes ligazóns:

LEITE DE NAI - Leite non sobra (2009).zip

  1. Disco es tu
  2. Forte marexada
  3. Porispadium
  4. Sosinha
  5. De jratis
  6. Quen che dixo
  7. Ti mais eu
  8. Friki boy
  9. Leite de nai
  10. 2007

BIO
Leite de Nai
é un grupo de rock que surxe en Ourense a finais de 2005, das cinsas dos Singuer Mornins, grupo onde os tres membros iniciais se adicaban a esmagullar cancións de rock tradicionais. Trala separación, os tres compoñentes de Leite de Nai, Óscar (baixo e voz), Martín (guitarra) e Jose Antonio “bush” (percusión), lánzanse á difícil tarefa de compoñer temas propios nunha onda máis funki, pero con altas doses de rock-dígase-alternativo, e cantando no idioma mamado: galego. Agora, tras dúas maquetas e coa incorporación na guitarra de Jose Antonio "Champi", editan o seu primeiro disco longo, Leite non sobra.





Contacto: leitedenai@hotmail.com
Myspace: http://www.myspace.com/leitedenai
Web: http://www.leitedenai.es.kz/

20.4.09

XURXO ROMANI - Escarnho e maldizer (2009)

Podes baixar un Zip de 48 Mb co disco enteiro en mp3 ou os temas por separado coas seguintes ligazóns:

XURXO ROMANI - Escarnho e maldizer (2009).zip

  1. Intro
  2. Abadessa oi dizer
  3. Pedi eu o cono
  4. Se eu poidesse desamar
  5. A huu frade dizen
  6. A vos dona abadessa
  7. Ben me cuidei eu
  8. Marinha en tanto folegares
  9. Maria genta
  10. Ua donzela contado

“Os trobadores, como homes da súa época, son permeables á acción subversiva do espírito carnavalesco, e recrean o mundo, invertíndoo, dándolle a volta. Neste mundo as abadesas converten os conventos en casas de fornicio, os cregos e os frades son fornicadores empedernidos, practícase o incesto, a violación, o amor homosexual estaba á orde do día en tódolos estamentos da sociedade, a dama idealizada e prácticamente intanxible das Cantigas d’amor vese convertida nun corpo que se entrega por diñeiro, o amor é reducido a sexo ou a simple orificio”

Xurxo Romaní:
zanfona electroacústica, voz, mandolina.
Koichi Tanehashi: guitarra e baixo eléctricos, teclados, programación, coros.
Osvaldo Ponce: fotografía e vídeo.

Músicas compostas por Xurxo e Koichi, e letras de (2), (7) e (8) Afonso Eanes do Cotón, (3) Pero D´Ambroa, (4) Pero da Ponte, (5) e (6) Fernando Esquío, (9) Roi Paez , e (10) Caldeirón/Pedro Viviaez.
Agradecementos a: Xosé Bieito Arias pola documentación aportada, a Antoni Rossell e Chus Lama pola súa amizade e axuda, a Wolfgang Weichselbaumer polos seus instrumentos, a Osvaldo
Ponce pola súa contribución gráfica e o seu entusiasmo, a Eva e Keika por aturarnos.

Pots descarregar les lletres en català -obra de Xavier Sierra- aqui.

Contacto: xurxoromani@hotmail.com

A Regueifa Netlabel www.aregueifa.net Apdo. de Correos 157 15780 Santiago de Compostela (CC) 2009

Alguns dereitos reservados