29.5.06

DOWNTEMPO - Queima EP (2001)

Podes baixar un Zip de 20 MB cos tres temas do QUEIMA EP en mp3 premendo aqui ou baixalos directamente coas seguintes ligazóns :

Capa do CD / Letras

Unha donostiarra de ascendencia galega -na voz- e dous composteláns -nas instrumentacións e programacións- formaron en 2001 DOWNTEMPO, u n trío pioneiro no trip-hop en galego de existencia efémera. Tan fugaz que apenas durou media ducia de ensaios. Por sorte, antes de se diluir noutros grupos, deixaron gravados estes tres temas que agora vos apresentamos, remesturados e remasterizados, baixo o título de QUEIMA EP. As referencias? Portishead, Björk, Lamb, Maria Creuza, Billie Holiday, Nina Simone...

22.5.06

INSTIGA - Bastidores do microssegundo (2006)

Podes baixar un Zip de 19 MB cos seis temas de Bastidores do microssegundo en mp3 premendo aqui ou baixalos directamente coas seguintes ligazóns :

Capa do CD / Letras

Contacto: instiga@instiga.com

A xoven banda de indie-rock brasileiro INSTIGA é formada en 2001 por Christian Camilo, Heitor Pellegrina, Pedro Leite e Gabriel Duarte en Campinas, Sao Paulo , baixo a influencia de bandas coma os Pixies, a Velvet Underground ou mesmo Paul Weller, Paralamas do Sucesso e Pearl Jam. Os seis temas que fan parte deste seu debut europeu, Bastidores do microssegundo, son tirados dos seus dous traballos editados no Brasil, Máquina milenar (2005) e Menino canta menina (2006).

Bastidores do microssegundo está editado por A REGUEIFA PLATAFORMA.

Podes ver o videoclip do tema Birra premendo aqui.

Podes ver a Instiga ao vivo facendo unha versión do Afterhours da Velvet Underground premendo aqui.

15.5.06

NACHOK - A alacena traslúcida (2006)

Estas dúas instantáneas do lucense NACHOK fan parte da súa primeira publicación, A ALACENA TRASLUCIDA. MEMORIAS DUN RECANTO NA VIAXE, un libro de fotografías que podes baixar en formato .PDF premendo aqui.

Tamén podes visitar a súa exposición fotográfica permanente aqui.

Contacto: ignacio@eurociber.es

"Todo o mundo viaxa. Polo aire e polo mar. Polo universo e polas leiras. Polas corredoiras e polos condensadores dos circuitos integrados. Polos botellóns e os Camposantos. Polo "super-fashion-guai-de-la-muerte" e polo "non me quentaches o caldo". Diso se trata, e aínda que non sempre leves a cámara, ás veces a cámara lévate a ti. E vas tirando fotos, unhas para a papeleira de reciclaxe e outras para o ciberespacio, ás veces buscando aquilo que ao mellor non viches ben antes, ou o que pasou por diante cando pensabas que hoxe fora mellor non levantarse. Sen contar as que perdiche ao espertar pola mañá, e arredemo que non te das lembrado do que soñaches. Así vai a cousa. Mentras todo ao arredor semella ser atacado por un exército implacable de radicais libres, a atmosfera no Ártico presenta récords de polución e, se queres comer tomates que non sexan de plástico, tes que regar a horta todos os días.Pois aquí queda esta escolma, para quen goste, pequeno retrato de ironías e modernidade, moitas das veces coa "data de envasado" en perversa sincronía co "consumir preferentemente antes de". Que aproveite."

A Regueifa Netlabel www.aregueifa.net Apdo. de Correos 157 15780 Santiago de Compostela (CC) 2009

Alguns dereitos reservados