17.10.06

QUANT - Share these Songshines (2006)

Podes baixar un Zip de 12 MB cos seis temas de Share TheSe SongShineS en mp3 premendo aqui ou baixalos directamente coas seguintes ligazóns :

  1. Girls, girls, girls
  2. Radiation love
  3. Bubblegum factory
  4. Blowing a Kiss

Capa do CD

Todos os temas compostos por Oscar Quant agás Bubblegum factory, composto por J. McDonald. Deseño da capa de Paz Suay.

Quant é un proxecto de cancións POP, un xogo modesto e sen pretensións dun grupo de amigos que o único que buscan é pasalo ben gravando estas cancións. Con influenzas que van dende os Beach Boys até The Byrds pasando polos Ramones e Teenage Fan Club, o grupo xira ao redor das ideas do ferrolán Oscar Quant, que conta con multitude de amigos colaboradores: Kike, Boy Elliott , Ruben, Roge, Cintia, Amparo... Xogos vocais , guitarras, melodía, xilofonos, teclados de xoguete e practicamente calquera cousa que faga ruído. Todo ao servizo da percura da canción pop perfecta.

Quant Myspace: www.myspace.com/quantmusic

Quant Blog: http://quantsounds.blogspot.com/

Contacto: oscarquant@gmail.com

QUANT - Sugar Plum Fairy (2006)

Podes baixar un Zip de 11 MB cos catro temas de Sugar Plum Fairy en mp3 premendo aqui ou baixalos directamente coas seguintes ligazóns:

Todos os temas compostos por Oscar Quant agás Between us, composto por Eric Idle.

10.10.06

NADA - Vinte e oito (2006)

Podes baixar un Zip de 22 MB cos seis temas de Vinte e oito en mp3 premendo aqui ou baixalos directamente coas seguintes ligazóns :

As paisaxes e ambientes sonoros que factura o pontevedrés Javier Méndez Ubeda baixo o alcume de nada apenas teñen precedente na Galiza, tan falta de pulo vangardista no musical. Por iso estes seus dous discos de electrónica experimental -28 e 42'01”- veñen ser unha onda de ar fresco para a música instrumental feita no país. nada bebe de fontes que van dende Wagner a Aphex Twin. De John Cage a Mogwai. De Third Eye Foundation a Ryoji Ikeda. De Sun Ra a Tortoise. Do sinfónico ao minimalismo. Do harmónico ao ruidismo. Da música electrónica á música concreta.

Contacto: nadamusica@gmail.com

NADA - 48'01'' (2005)

Podes baixar un Zip de 58 MB cos doce temas de 42'01" en mp3 premendo aqui ou baixalos directamente coas seguintes ligazóns:

  1. Intro
  2. Som
  3. Deve
  4. Passagem inconclusivo
  5. Erva
  6. Vício
  7. Miragem
  8. Porto industrial
  9. Hino
  10. 13-Mod-4
  11. Espaço em branco
  12. Fim

3.10.06

MACHIÑOS (1997)

Podes baixar Machiños en formato DIVX (188 MB) premendo aqui

Podes baixar Machiños en formato WMV (188 MB) premendo aqui

Podes baixar Machiños en formato Quicktime (302 MB) premendo aqui

E tamén podes ver Machiños online:

MACHIÑOS foi o noso intento de facer unha sitcom galega para a mocidade. Nun momento (anos 97/98) en que só había dúas series galegas en emisión (Pratos Combinados e Mareas Vivas), tres fans de Rik Mayall (o mítico actor protagonista de Os Novos, Bottom, The New Statesman...) nos propuxemos facer unha serie do estilo destas sit-coms de culto da BBC... “á galega”.

O enxendro final chamouse “Machiños”, unha sitcom creada, escrita e dirixida pola constituida para a ocasión Machiños S.L. (Xosé Antón Moure, Denís López e Fran Velo), e levada a cabo grazas á xenerosa implicación da Escola de Imaxe e Son de A Coruña e ó esforzo da case totalidade de alumnos desa promoción, que colaboraron de modo entusiasta na odisea de gravar un episodio.

“Machiños” narra as desventuras de Toño e Denis, dous estudantes galegos fracasados, suxos, lacazáns, borrachíns e un chisco machistas. Ademais da obvia influencia de “Os Novos” (da que collemos, ademais do seu humor surrealista, o costume de introducir un video-clip en cada capítulo, neste caso dos grupos galegos, naquel momento da explosión do “rock bravú”), Machiños bebe de outras moitas series clásicas: “Bottom”, “Friends”, “Men behaving badly”, “George & Mildred”...

Este que ides ver non é mais ca un capítulo piloto. Quedaron moitas, moitas historias por contar: Toño e os seus infructuosos esforzos por adelgazar, a operación de fimosis de Denis, unhas vacacións frustradas por un secuestro aéreo por parte de integristas afganos (lembremos que estamos falando de 1997, cando unha idea semellante era delirante e mesmo divertida...) unha festa no piso que remata en catástrofe... Cando escribo estas liñas, a finais de 2006, -irónicamente, nun piso compartido non moi diferente ó dos nosos “Machiños”- é obvio que fracasamos. “Machiños” nunca foi comprada por ningunha productora, nunca foi emitida pola TVG, e xa nunca o será. Pero se hoxe, case dez anos despois, grazas ás posibilidades de internet conseguimos arricarvos un sorriso... o esforzo terá valido a pena."

FICHA TÉCNICA:

Unha producción da EIS (Escola de Imaxe de Son).

Idea orixinal: Denís López, Xosé Antón Moure.
Guión: Xosé Antón Moure, Denís López, Fran Velo.
Dirección: Xosé Antón Moure, Fran Velo.
Dirección artística: Sendra Ros.

Intérpretes: César Martínez “Goldi”, Denís López, Manuel Millán, Marita Martínez, Raquel Ramos.

Contacto: Denís López (tfno: 630-116-915)

A Regueifa Netlabel www.aregueifa.net Apdo. de Correos 157 15780 Santiago de Compostela (CC) 2009

Alguns dereitos reservados