19.2.07

ATAQUE ESCAMPE - Ed Wood e a invasión dos paraugas asasinos (2007)

Podes baixar un Zip de 40 MB cos oito temas de Ed Wood e a invasión dos paraugas asasinos en mp3 premendo aqui ou baixalos directamente coas seguintes ligazóns :

CARA A

1.-Ourizo
2.-Tango do Sintasol
3.-Móbel-Bar
4.-Afganistán canto
5.-Ana e o caracol

SERIE B

1.-Verdadeiro muro de Berlín
2.-Mira
3.-Rock de serie B


Capa do CD / Letras

AE gosta de se definir como rock de serie B porque parte dos medios e situacións máis precarias para ofrecer unha proposta musical que trata de ser sólida e autónoma, encadrábel nunha traxectoria antivirtuosa practicamente inédita na Galiza, na xenealoxía que se podería trazar desde Neil Young até Violent Femmes pasando por Jonathan Richman, extendendo estraños tentáculos que rozasen a Hank Williams, Os Mutantes ou Xil Ríos. O funcionamento como grupo sen destacar autorías no seu interior, o emprego do galego como única lingua ou a reciclaxe de músicas malditas completan a filosofía dunha banda que practica o do it yourself máis brutal, poético e desvergonzado que poida caber nunha banda de formato puramente acústico.

"Os organizadores do festival no que debutaron decidiron na metade da historia que ían quedar fóra porque se facía tarde para tanto grupo. Cando os últimos remataron a xente que restaba comezou a corear algo que os mesmos organizadores tardaron un tanto en comprender: "Todos somos Ataque Escampe". Saíron.

E eu estaba alí para velo. Ao meu carón un rapaz cunha camiseta dos Sex Pistols e pinta de inglés erasmus en proceso etílico abaneábase e sorría desconcertado no medio dos acordes de "Afganistán canto". O tema da canción non o sorprendía, despois de todo eran tempos de guerra, sorprendíao o estraño estilo dos rapaces que sairan a tocar. Naquel momento debín achegarme e botar man do meu inglés básico para explicarlle o que estaba a ver: houbo moitos que tocaron as paredes do límite da cidade, este grupo toca cun pé dentro e outro fóra, toca, por dicilo así, na fronteira. A parte que entendes é o que te fai sorrir, a que non entendes é o que te fai abanear.

Hai moitos tipos de fronteiras, non só as políticas, e o grupo transitou por moitas delas. De México a California, do rock ao tango, dos poetas dos 50 ao dadaísmo, ou do sublime á serie B nun só paso, porque o interesante deses espazos é o feito de camiñar entre eles incansabelmente, trazar rutas para futuros viaxeiros, e poder dicir ás persoas que habitan nas beiras que forman un todo cos do outro lado. O custo pode ser desigual, para cruzar á ida pode chegar con sobornar a un axente de fronteiras, na volta pódese chegar tiroteado e coas costas molladas. É o prezo do contrabando de ideas.

No caso concreto da Galiza, por exemplo, as fronteiras mal definidas entre o rural e o urbano crean longas zonas de transición cunha idiosincrasia propia. As vilas grandes e os bairros dalgunhas cidades son universos próximos rexidos polas mesmas regras. Ataque Escampe son como os cabalos atados nos descampados das aforas. (Soñemos libres como bestas). Veñen do lugar onde se beben viños sen nome nen cor definida, onde se discute de poesía e cinema diante dunha tapa de callos, de espazos onde chove sempre, ininterrompidamente, e algúns, sabendo que é mexo, botan man do paraugas e berran con toda a forza para avisar aos demais."

Mario Regueira

Cara A: Gravado en Brántega (Agolada) nas tardes do 7 e 8 de decembro de 2006.
Técnico de son: Benxamín Otero
Mesturas: Benxamín Otero
Produción: Ataque Escampe

Serie B: Gravado ao vivo no café Uf (Vigo) na noite do 2 de xuño de 2006, en mini-disc. Retocado por Benxamín Otero

Deseño de capa: Xosé Carlos Hidalgo

Ataque Escampe son: Roi Vidal, Miguel Mosqueira, Samuel Solleiro e Alex Charlón.

Coa colaboración de Iago Mouriño (piano e hammond).

Todos os temas compostos por Ataque Escampe, agás “Mira” (sobre un poema de Chus Pato) e “Rock de serie B” (sobre unha música de Neil Young).

Ataque Escampe agradece até á terra que pisa. Porén, o pouco espazo e o medo ao ridículo impídennos redactar unha listaxe de nomes. Aínda así: obrigados a toda a xente que bota unha man, un lombo, unha lingua. Todo o poder para os soviets.

Contacto: maurodelito@hotmail.com / 625789363 - 665695058

Web: http://ataqueescampe.blogspot.com

12.2.07

COLECTIVO ORUGA - Ricos modernos (2007)

Podes baixar un Zip de 55 MB cos oito temas do disco Ricos modernos de COLECTIVO ORUGA en mp3 premendo aqui ou baixalos directamente coas seguintes ligazóns :

Capa do CD

Logo das probas feitas ó longo da nosa etapa pre e post evolutiva nos Laboratotios Micrón decidimos afastarnos do mundo dos músico-farmacos (especie de mediciña ou droga que se suministra por vía oral e que nun principio produce moita euforia e benestar para logo deixar unha resaca un tanto amarga) para adentrarnos no irreal paraiso das músico-máquinas. A vida no Laboratorio foi moi gratificante e parte do noso actual traballo xerouse a raiz das intensas xornadas de plena dedicación e á vez divertimento, que pasabamos no Local do laboratorio, día tras día, noite tras noite...creo que significou algo máis que unha simple convivencia, penso que nos deixou unha tara na memoria imborrable e uns cantos productos de calidade como Inri (estimulante que se suministraba por vía auditiva e que producía sensacións de rabía contida e estrés sonoro) ou CatFishCorner-O recuncho do peixe gato (similar ó anterior pero con pretensións culturais máis amplias e eclécticas unha pena que tódolos seus compoñentes non fragoasen). Dos seis bío-músicos que formabamos á plantilla do laboratrio todos mantivemos contactos músico-culturais diversos, Toñi continuou duramente o seu adestramento na arte ritmica do seu corpo e mente, Tin e Iago uníronse a un novo pero vello laboratorio do noso pobo, os Laboratorios Meix (de Los Increibles Meix e co que tamén eu tiven relación), Samu abandonou, en parte, as súas labores de bío-músico para prosegiuir cos seus experimentos psico-pictóricos e na actualidade vive nun loft diseñado por él nunha fábrica de comida para periquitos abandonada de New York (ou algo polo estilo a que sí Samu), e por último Alex e Eu que logo de dar voltas colaborando con outros colegas e de experimentar individualmente coas novas tecnoloxías decidimos crear un novo Laboratorio (Laboratorio Oruga, do Colectivooruga) co fin de unificar as dúas vertientes sonoras e crear un proxecto aberto a novas formas de expresión ("entendemos este proxecto como unha expresión artística, fundamentalmente musical, que ten como obxectivo a creación propia e a fusión co resto das artes")

Iago.colectivooruga

Colectivo Oruga son:
Alex Mera (guitarra, voz, teclados e programación), iago martínez (guitarra, baixo, voz, teclados, programación e maquetación). Tamén no colectivo: Cándido Pino (idea e voz de Temptation), Oscar Taboada (batería), Cuco Pino e Cati (audiovisuais), Rocío Antela (deseño gráfico e audiovisuais), Quadra Producións (management).

Web: http://colectivooruga.blogspot.com/
Myspace:
http://www.myspace.com/colectivooruga

Contacto: colectivooruga@gmail.com

6.2.07

MINUS BALIDO - Oremos (2007)



Báixate o poemario de Minus Bálido en formato .pdf premendo aqui

"minus bálido nace con ironía e rabia unha volta e outra volta e despois reviravolta.

minus bálido o que non bote. hai que botalos para colocarse ún, senón quedamos calvos e non nos comimos ren.

minus bálido tivo unha páxina rimaforde (ríos mares fortalezas e outras debilidades) agora integrada na web expoplanetarium.net onde con adri dictamina, sentencia, pedantea este periplo dos palotes calquera.

minus bálido en andar21 a millor web (portal) de poesía galega/internacional onde non sei como foi admitido, a verdade.

minus bálido incomunidade máis que un blog de portugal e minus bálido visualobxectual minus bálido espasmo das redes. minus bálido a porta verde do sétimo andar. minus bálido poesía salvaje portal web de festas e redes.

minus bálido poeto, audiobisual, grafista dunha época atemporal. minus bálido ruidos nos tímpanos e na cabeza. minus bálido garabatos minus bálido cronista cando olla para o reloxo da sala de espera.

minus bálido para o capitalismo minus bálido para o socialismo minus bálido para o galeguismo.

coma ti ou coma min… coma a roda do muíño!

like a rolling stone. guijarro humilde como tú…

acomplexado pero á inversa."

A Regueifa Netlabel www.aregueifa.net Apdo. de Correos 157 15780 Santiago de Compostela (CC) 2009

Alguns dereitos reservados