30.3.07

LEONIDAS LUA LACORME - Emogramas (2007)

Báixate o libro Emogramas de Leonidas Lua Lacorme en formato .pdf premendo aqui

Alguén fabricou un robot que pode emocionarse cando o apalpas. O robot é feo. Non ten rostro. É unha masa marrón. Súa. Non é un androide. Non sorrí.
É un obxecto que sencillamente súa cando é acariciado. Talvez por nervios. Por rubor. Por excitación.
Sosteño que cando un ser humano se enfronta a unha páxina en branco, pantalla, material informe, etc. O que desexa é crear un vínculo semellante entre o artefacto que sairá desa páxina en branco e o individuo/ individua/ ente inarámico que asome os fuciños nel. A páxina en branco corre o perigo de emocionarse demasiado e suar. É un dispositivo altamente calibrado para a emoción.

No mundo dos humanos, a principios do século XXI segundo a taxonomía occidental para viviseccionar o tempo, varias eran as modalidades para cautivar a emoción allea:

1.- O canto
2.- O grafismo
3.- O cine
4.- Deixar caer as palabras amor, soidade, pálpebra
5.- Os cómics
6.- Os debuxos animados
7.- Os vídeoxogos
8.- O sangue
9.- Os abismos sociais
10.- Os emogramas

O último ítem di emogramas. Un emograma é un gravado de emocións. Un dispositivo. Un artefacto. O seu creador/autor [presumibelmente un home] xoga a evidenciar o po que cae sobre as emocións abertas. Segue unha especie de liña temporal marcada por acontecementos emocionais, dunha privacidade articulada, redonda. Unha relación xa empolvada, unha suspensión de partículas tendentes á entropía crónica, unha cauterización e unha volta a desempolvar emocións cara o final dos textos. Os emogramas condúcennos por electrocardiogramas, por ecosonogramas [foron identificadas unha letra do músico Beck e outra de Madonna, así como alusións irónicas á pupila azul da moza de Bécquer] ou por sismogramas [secciona, serra, sacha, fende; querer/odiar/saber/ser; contador a cero, entropías e membros fantasma incluídos]: son rexistros todos que axudan a marcar o rexistro emocional do autor [presumibelmente un home] dende o inicial po que vai caendo ata o sorriso final destes días contigo. O autor [presumibelmente etc] esgaza a súa madeira para amosarnos os seus aneis de crecemento vexetal: os emogramas son círculos de maduración ou conflicto emotivo. Son marcas nun interface destinado a entrar en comunicación con quen o toque. Unha pel tensada, unha libra de carne ofrendada, un pelexo feito de soidade que se despega como unha casca, unha amputación.
Funcionan como exorcizadores, como extirpadores de amor maligno. Son dispositivos de autoacubillo. Rexeneradores.
Os emogramas viviseccionan. Isto é, seccionan, tallan a vida. Pola metade, polo medio, sen deixar títere con cabeza, corpo con raíz. Dous que son un. E logo un que son dous. Similar a unha pequena vida celular fotografada ao detalle, a arte da emografía promete sangue, lágrimas e -ao igual có robot Alexitimia que se menciona ao principio [alexitimia é un termo que refire a incapacidade de verbalizar as emocións]- suor.
Suor.
A suor do tacto alleo na lenta manipulación das súas chagas.

Estíbaliz... Espinosa

28.3.07

GUEZOS - 99-06 (2007)

Podes baixar un Zip de 45 MB cos 12 temas de Guezos 99-06 en mp3 premendo aqui ou baixalos directamente coas seguintes ligazóns :

  1. Luintra (Ao vivo no Café Teatro Xesteira de Ourense)
  2. Pedida de Man (Ao vivo na Sainza)
  3. A Rebadaira
  4. Brado da Lúa
  5. Terradentro
  6. Whisky e Licor
  7. Ocre
  8. A Miña Muliña (2003)
  9. Porno Reel
  10. A das Festas
  11. Manoliño (Ao vivo no Local Social A REVOLTA de Vigo)
  12. Lévame (Ao vivo na Sainza)


Capa do CD

Guezos creouse no ano 1999 e segue vivo a este lado do Miño. Moitas cousas pasaron nestes sete anos, xente que se uniu ó proxecto (e outros que nos deixaron), moitos quilómetros (inda que non tantos como teriamos desexado), uns cen concertos (e os que quedan por vir), dous discos (autoeditados e autofinanciados) e moitas horas de traballo, música e ilusións.
O traballo “99-06” recolle un resumo destes sete anos de experiencias coa banda e a xente que a rodea. Antes de continuar o noso camiño nos gostaría compartir estas 12 cancións con todo aquel que teña gañas de facelo, e uns poucos megas libres no disco duro.
Agardamos que as desfrutedes, e que haxa a partir deste 2007 máis música e moita festa, que é o motor que fai andar os corazóns e as pernas.

¡¡Saudos desde Terradentro!!
¡¡Viva o Folk sen Complexos!!

Web: www.guezos.com

Blog: blogs.ya.com/guezos

16.3.07

CAPITAN FURILO - Capitán Furilo (2007)

Podes baixar un Zip de 10 MB cos catro temas do EP de Capitán Furilo en mp3 premendo aqui ou baixalos directamente coas seguintes ligazóns :

Capa do CD / Contracapa do CD

"Mediados do ano 2006, dous galegos coñécense nun pub céntrico en Dublin. O que nun principio non pasaría máis que dunha simple anécdota, duha pinta e dunha conversación etérea, o encontro deriva nunha auténtica relación de coincidencias que demostran unha vez máis que a pesar do desorde cósmico, o mundo é terriblemente pequeno para o xogo do destino. Un dos tipos é Oscar T. en beca de estudios internacionais debidamente aproveitada para o intercambio de experiencias algunhas máis satisfactorias que outras, o segundo tipo e Mikel P. en viaxe de pracer e visita familiar. A conversación profundizouse o pasar da segunda guinnes e ambolos dous desatan a hilaridade de cuestión comúns. Ambos foron a ambición fracasada dos estudios musicais en conservatorio en beneficio do rock pois levan anos colaborando con grupos formais e informais, aquí e aló, trala denostada experiencia académica. Ambos teñen debilidade por Inmaculate Fools e levan anos indo a festa dos botes de Arzúa. Pero o que realmente cambia o devenir dos acontecementos, é o culto máis profundo e a añoranza máis sensible pola serie de tv canción triste de Hill Street. Xa no avanzado da noite e perdendo a conta etílica, a conversación remata cunha data formal e un local de ensaio como testigo do nacemento dun novo proxecto. Nace Capitán Furilo. Xa de volta en Galicia en apenas uns dias completan a banda e deciden grabar a primeira maqueta. Catro temas baixo influenzas que van dos Resentidos aos Rolling Stones pasando por Yellow Pixoliñas e Inmaculate Fools."

Capitan Furilo son:

Oscar T. bateria e percusións
Mikel P. guitarra e voz
Monkel S. baixo e voz
Ronchi M. guitarra e voz

Gravada e mesturada nos estudos Hill Street en Lago.

Contacto: 607337229 / 645933858 / ocapitanfurilo@gmail.com
Web: www.myspace.com/capitanfurilo

14.3.07

NENO CONGOXA - Cerne (2007)

Báixate o libro Cerne, escolma de poemas e relatos de Neno Congoxa, en formato .pdf premendo aqui

“Cuspindo sangue , hipocrisía e bagoas …

Poesía escura, existencialista , chea de rabia , nun tempo onde todo corre e afoga, nun tempo onde quedámonos sen voz, escondidos, refuxiados nas letras e na noite e atopámonos co máis visceral e repugnante, atopámonos co artificio dunha sociedade horrible, noxenta...

A escolma é unha serie de mocos cuspidos dende o interior dun ser farto, que con gran sutileza dálle forma e sentimento para se converter en rock duro, en berro de desesperación, ou nun sorriso enxordecedor e tolo.

O poema “á tristeza”, é unha patada no fígado, un sentimento arraigado pero oculto, que define dunha forma triste e fermosa ese sentimento de derrota e desolación que sentes cando ves ó teu redor e non ves vida...

Cando os nenos deixaron de xogar el (o autor) era aínda un neno pero que nunca deixaría de xogar...segue berrando coas túas verbas no papel, e segue asombrándote co quedo, co silencio, co sono.

Sentir a derrota, non é estar derrotado, é simplemente o camiño para a vitoria...deixa que se confíen.

Un sorriso no aire.”

Dobranoc

12.3.07

DE OUTRA MARGEM - De outra margem (2007)

Podes baixar un Zip de 24 MB cos cinco temas en mp3 premendo aqui ou baixalos directamente coas seguintes ligazóns :

Capa do CD

Cinco persoas. Catro galegos e un portugués que a música, ou acaso, algunhas afinidades e a amizade fixeron converxer e ten mantido unidos. Os seus nomes: Lorenzo Suárez, Luis Lechuga, Carlos Villanueva, Gustavo Domínguez, Abílio Santos.
Unha man chea de instrumentos: un contrabaixo, unha guitarra acústica, dous saxofóns e algunhas frautas, un acordeón, unha zanfona, un cavaquinho, un cuatro, unha harmónica, un adufe. E voces: para as cancións, que son moitas. Cinco persoas.
De outra margem son un grupo formado por músicos galegos e portugueses adicados a recuperar cancións tradicionais e interpretalas de novo para que non se perdan e poidamos seguilas desfrutando como facían os nósos pais e avós. Esta característica da unión transfronteiriza fai que a súa música teña un son moi particular e especial, algo que tamén conseguen mediante o uso de instrumentación puramente acústica (guitarra, contrabaixo, concertina, cavaquinho...) e voz.

Web: http://www.deoutramargem.com/

A Regueifa Netlabel www.aregueifa.net Apdo. de Correos 157 15780 Santiago de Compostela (CC) 2009

Alguns dereitos reservados