29.10.07

FANNY + ALEXANDER - Finais dos 70s, comezos dos 80s (2007)

Podes baixar un Zip de 92 Mb cos doce temas de Finais dos 70s, comezos dos 80s en mp3 premendo aqui ou baixalos directamente coas seguintes ligazóns :

  1. Maria Silenzo
  2. Amei-te tanto
  3. Danzarei para ti... se botas outra moeda
  4. Funcionaria ou estudante
  5. Postpunkdeirada
  6. Asi é imposible
  7. Danzarei para ti (Projecto Mourente Remix)
  8. Sós/S.O.S. (Projecto Mourente Remix)
  9. Berlín (con María Lado)

Capa do CD / Letras (en .pdf)





Finais dos 70s, comezos dos 80s tamén está editado comercialmente. Podes mercalo online en A REGUEIFA TENDA ou ben en Itunes, tendas de discos tradicionais e grandes superficies.


FANNY+ALEXANDER – FINAIS DOS 70s, COMEZOS DOS 80s (2007)
Os composteláns Fanny + Alexander voltan con "Finais dos 70s, comezos dos 80s", un segundo traballo no que de novo estenden os límites do pop galego a base da mestura desacomplexada de estilos, tradicións e sensibilidades. Nos doce temas que fan parte do disco o dúo deixa poucos paus contemporáneos sen tocar, dende o pop electrónico de "María Silenzo", "Amei-te tanto" ou "Funcionaria ou estudante" até o ton New Wave de "Danzarei para ti... se botas outra moeda", pasando por experimentos coma "Postpunkdeirada" -un tema que ven ser un novo estilo musical en sí mesmo- ou "Cando eu era mozo", unha boutade en clave R n' B que soa coma o faría Timbaland se tivese o seu estudo nunha palloza do Cebreiro e no que participa coma convidado estelar Carlos Valcárcel AKA Projecto Mourente.
Continuando coa liña iniciada no seu debut, Lusco e Fusco, as letras de todos os temas son adapatacións de obras de poetas galegos (María do Cebreiro, Lois Pereiro, Daniel Salgado, Ricardo Carvalho Calero, Elvira Riveiro, Pilar Pallarés e Minus Bálido Rodriguez), incluindo ademáis coma bonus track "Berlín", o spoken word de María Lado musicado polo grupo, asi coma dúas remesturas a cargo de Projecto Mourente e unha peculiar versión de The Smiths.

Contacto: fannyalexander@gmail.com / (+34) 685886158

Myspace:
http://www.myspace.com/fannyealexander

Web:
http://www.fannyalexander.net

Fanny + Alexander
en Facebook



Fanny + Alexander: Efi Arias (voz, guitarra acústica e frauta traveseira) e Noel Feáns (voz, guitarra eléctrica, guitarra midi, teclados, baixo, batería electrónica, gaita midi e programacións).

Todos os temas compostos, interpretados e producidos por Fanny + Alexander. As letras son adaptacións de poemas dos seguintes autores: Ricardo Carvalho Calero (1), Pilar Pallarés (2), Elvira Riveiro (3), María do Cebreiro (5), Lois Pereiro (6), Daniel Salgado (7) e Minus Bálido Rodríguez (8). Berlín é un poema de María Lado recitado polo propia autora. Pánico (merda de DJ) é unha versión de The Smiths. Foto da capa de Mike Schultz baixo licenza Copyleft. Gravado, mesturado e masterizado na casa no verán de 2007.

DISCOGRAFIA:
- Fanny + Alexander - Finais dos 70's, comezos dos 80's (2007)
- Fanny + Alexander - Lusco e fusco (2006)

DISCOS COLECTIVOS:
- VV. AA - GZ POP! A nova fornada de Pop en Galego (2008)
- VV. AA. - Manifesto Dobarrista (Falcatruada, 2007)
- VV. AA. - EsCColma. Escoita e apoia (Caramuxo, 2007)
- VV. AA. - A Per Loca (Komunikando, 2006)

BANDAS SONORAS:
- NEMO (Miguel Mariño, 2008)
- SANATORIO (Jacobo Paz, 2006)



VIDEOCLIP DE "AMEI-TE TANTO"":
VIDEOCLIP DE "MARIA SILENZO"":
VIDEOCLIP DE "LENE":

26.10.07

ROGER DE FLOR - Canciones de amor y retranca (2007)

Podes baixar un Zip de 28 Mb cos sete temas de Canciones de amor y retranca en mp3 premendo aqui ou baixalos directamente coas seguintes ligazóns :

  1. Ana
  2. En una noche como ésta
  3. Oh! Money
  4. Una desconocida más Soy un vago
  5. Chus quiso celebrar su boda con unos amigos
  6. Tema oculto

Capa do CD

O grupo xurde a raiz do encontro das personalidades de Rogelio Arias (Roger de flor) e Sergio Galego (Serguei Izmailov). Ambos tiñan no caixón da mesiña unha cantidade inxente de cancións que non tiñan cabida nos seus respectivos grupos (BANG 74 e LOS HUESPEDES FELICES) por incompatibilidade de estilos. Porén entre eles existe unha química inmediata e deciden poñerse a traballar duro coas cancións. A claridade de conceptos sonoros destes dous intérpretes/compositores dalle á heteroxeneidade de estilos que tocan (swing, pop, rock, country, balada...) coherencia e unidade. Baixo a aparente inxenuidade un tanto “naif” das letras escóndense ácedas críticas a determinados estereotipos sociais. Tamén falan do amor (ou desamor, se é que non é o mesmo) dende unha perspectiva absolutamente persoal, lidiando en ocasións co humorístico, sen caer no vulgar. Roger (guitarra eléctrica ou acústica e voz) e Serguei (percusión e voz), coa súa química, fan unhos concertos tan estimulantes como participativos, no que a diversión está garantizada.

http://www.myspace.com/rogerdeflor

25.10.07

THE BRONXSON PROJECT - Vol. 2 (2007)

Podes baixar un Zip de 45 Mb cos nove temas de Vol. 2 en mp3 premendo aqui ou baixalos directamente coas seguintes ligazóns :

  1. Intro
  2. Proevolution
  3. Rebote
  4. Funky Young Kids
  5. Prukogui

Capa do CD

John Carrack non viu Superman na infancia.. Pero non malgastou o seu tempo, senón que o aproveitou, compoñendo o exquisito solo de guitarra de Travelling Prukogui, utilizando a reverb natural do patio de luces para executar furiosos riffs dende a súa fiestra para deleite dos seus colegas e malestar do resto da cidadanía.
Sony Retro, tras herdar os escuros negocios de "La sua Famiglia", consegue un mugriento baixo eléctrico nunha das moitas apostas clandestinas que tiñan lugar nos sotos da Torre (famoso local nos baixos fondos, utilizado por Sony como tapadera durante anos e onde se coñecerán The Bronxson Project). Hoxe en día Sony aínda non mudou de baixo.
Terry Fayer é de Coia. Heavys de Puchcondor frecuentaban o seu barrio mentres na súa habitación sucedíanse os concertos de walkman e raqueta. Mais tarde acabou frecuentando a Torre, onde coñeceu ao resto de futuros compoñentes da banda.
Karate kid era máis nena que Richard Clayderman, ou iso foi o que pensou o Señor Miyagui cando deixou as artes marciais. A súa infinita sabedoría curtida a base de mandobres serviulle para comprender por que nun piano hai teclas brancas e negras.
Sam Drum Machine descobre o Monte da Mina: o único local de ensaio gratis en toda a cidade. A golpe de baqueta abriuse paso entre as feras que custodiaban a entrada, evitando así o terse que apuntar a un curso de cociña. Actualmente Sam Drum Machine se atopa en paradeiro descoñecido. Contan que adestra baixo as doutrinas do mestre Kaido. "Botámosche de menos cada momento." (Os teus amigos que che queren.) Mentres tanto, o Señor Miyagui e Terry Fayer deciden subir o Monte da Mina. Pero o Presi de devandito lugar detén os seus pasos dicindo: "Aquí só hai sitio para un grupo de Ró(ck)..." O afortunado grupo formábano Sam, Sony e John. A unica solución era a fusión: THE BRONXSON PROJECT.
Pero non todo foi un camiño de rosas. A misteriosa desaparición de Sam Drum Machine foi un duro golpe. Superado grazas á adquisición do inocente calimero Stan Ki Ramires, único fan declarado de Fiona Apple. Os últimos rumores indican que The Bronxson Project foi visto roldando os estudos de gravación Mix-Plus, editando posteriormente o seu primeiro Ep "Vol.2".

http://www.myspace.com/thebronxsonproject

1.10.07

BESBE - 28 (2007)

[E-BOOK] Podes baixar o libro en formato PDF
premendo aqui

28 é a cousa máis bonita que che pode acontecer e, cando che pasa, tes que vivila. Todo o mundo se namora, todos nos vimos en situacións de quéreme-non me quere e cada un ten a súa propia historia que contar ou calar sobre esas vivencias. Díxome un amigo que non é bo botar o corazón ao aire, que se está onde está é por algo. Pensando niso, teño que dicir que parte do meu corazón está agachadiño entre as palabras, esas que faltan tantas veces, que compoñen 28, unha película que, fotograma a fotograma, vai dando vida para despois lembrar que todo neste mundo é fuxidío, mesmo os sentementos.

Sexa como sexa, amar é regalar e, anque os sentementos muden, sempre quererás agasallarte a aquelas persoas que tanto che deron no seu día, coas que foches tan feliz e das que non che importa esquecer aniversarios porque non sería xusto lembrarte delas só un día.

Sen máis, agardo que rematedes a lectura cun sorriso, coa sensación dunha aperta cálida e, quen sabe, con morriña no voso interior.

Besbe

A Regueifa Netlabel www.aregueifa.net Apdo. de Correos 157 15780 Santiago de Compostela (CC) 2009

Alguns dereitos reservados