24.3.08

J. J. G. Rodicio - Triloxía das miniaturas (2008)

[E-BOOK] Podes baixar a obra en formato PDF
premendo aqui

A presentación desta obra, segundo a autora do texto, irá evolucionando coas aportacións xurdidas das lecturas do texto. Polo de agora é un texto. Máis nada. Pero é un texto dunha obra de teatro. E tamén precisaría unha imaxe gráfica para quen abra a 1ª páxina. E tamén unha música... e... O que non quere ser é un monólogo unidireccional

A OBRA

A creación do texto tén moito que ver e agradecer aos obradoiros que na Aula de Teatro Universitaria de Ourense fixeran Ánxeles Cuña e Begoña Muñoz (Sarabela Teatro) sobre escrita e dramaturxa a finais do século pasado.

A obra é unha proposta sen pretensións pero con toda a intención, para un teatro en galego, en Galicia, para tódolos públicos que nesta década van e veñen polos Teatros galegos. Que son poucos, pero por que non podían ser máis?

O obra é unha proposta para compañías pequenas, medianas ou afeccionadas. Que son moitas.

A obra está aberta, a pesar de ter algo de ferralla de acotacións. Así de rústica e pouco sofisticada preséntase, como aberta ás lecturas e propostas.

Precisaría para estar mellor presentada....Unha capa...? Si, claro. Unhas músicas ....? sí, claro. Unhas actrices e actores concretos...? Si, claro... ¿vedes a alguén? Unha revisión de este o aquel asunto... Por suposto...!

Pero en vez de tirar en solitario, desconectando da xente, re-personalizando, esta personiña seica apetece de escoitar antes de voltar a escribir. Ou simplemente xustificar, explicar, alumear a obra. Para dala ao lume, ou para iluminala.

¿Alguén recolle a pelota? Que alguén diga "Si, claro que si"

A obra tén unha bitácora de referencia: http://www.blogoteca.com/3miniaturas/ , onde apareceremos para comentala e tirar do fío.

¿Qué é da obra sen recepción? Nada. Por eso está aquí, na Regueifa.
É un reto, é un desafío, é un retrouso, é un cantar coa xente, ¿ou?


O AUTOR

J.J. G. Rodicio

Disque na axitación sociocultural dende a mocidade, (de base e ás veces profesionalmente). Disque educadora, (profesional, e anímicamente). Disque é multidisciplinar e polifacética (poesía, video, radio, teatro, humor, situación), pero non acha tantas diferencias.

Anima movementos culturais e sociais no interior do país, nomeadamente Ourense. Nomeadamente parateatrais, de pequeno formato (teatro en bares, radio, contacontos, cabaret, clown, animacións en rúa e comisións de festas, curtametraxes...)

Para tódolos públicos, por respeto a todos eses públicos (idades, historias, vidas) que se misturan miradas ao cruzarse na rúa.

Por exemplo, na Semana do Teatro 2008 impulsará as III 24hrs de Creación Teatral na Casa da Xuventude de Ourense, nas que se escriben, producen e representan 4 pequenas obras en 24hrs.

Interésalle participar e divertirse. Non competir por ningún espazo, senón multiplicar os espazos.

A Regueifa Netlabel www.aregueifa.net Apdo. de Correos 157 15780 Santiago de Compostela (CC) 2009

Alguns dereitos reservados