Os composteláns LABAZADA levan xuntos dende 2006. No ano 2007 editaron a súa primeira demo, Mákina Infernal, gravada nos estudos da Radio Galega. Agora estrean no netlabel o seu novo traballo, cinco temas gravados e masterizados en Mafia Records, onde mesturan punk, hardcore e metal cantando en galego. O disco tamén está editado físicamente e pódese mercar tanto nalgúns locais de Compostela (Bar-Tolo, Fraguel Rock e May Day) coma pedilo directamente ao grupo por email.
Ao principio a banda estaba formada por dúas guitarras (Jrucho/Miguel) e unha caixa de ritmos pero despois do primeiro concerto uniuse ao grupo Brais para tocar a batería dandolle ao grupo un son moito mais potente, xa que ten unha forma de tocar a batería moi pouco común en directo. No verán do ano 2008 demos o noso primeiro concerto como banda completa.
Unha gran parte do noso son está influenciado polo post punk, pero temos cada un unhas influencias ben marcadas, proto-punk (Velvet Undergroud, Iggy pop), punk (Sex pistols, Buzzcocks), postpunk (Joy Division, Mission of Burma), grupos alternativos dos 90 (Sonic youth, My bloody valentine)... imaxinadevos á Velvet Underground tocando cancións de Joy Division versionadas por The Screamers e os guitarristas de Sonic Youth. "O ruido é un placebo para esquencer a falla de silencio."
Dende hai poucos anos unha escena nova foise abrindo un camiño en Galicia, diferentes estilos concentrados nun mesmo lugar. Dende grupos como Telephones rouges co seu kraut/noise "Ogrovita" ata o punk & twist de Los Santos, foron unindose a esta nova movida con moitos grupos auto-etiquetandose "Galician bizarre". En pobos como Sada, Carballo, Milladoiro, Muros... foise xuntando a xenilidade e experimentación dos mozos galegos que grazas á influencia underground nacional e estranxeira crean música propia e con denominación de orixe. O "Galician bizarre" permite botarlles unha man aos grupos novos que empezan a sair permitíndolles crear sen censura o seu material. "¡Qué más quereis, joder!" dirían os Novedades Carminha... A radio fórmula non é o que buscamos, tentamos conseguir un son diferente ao que se pode escoitar nestes momentos nos 40 Principales. "Galician bizarre" é unha galicia rara, distinta, con ganas de facer ruido e ter sitios onde tocar. Por eso queremos pormover coa axuda do noso EP un son novo, un son "GALICIAN BIZARRE"
Podes baixar un Zip de 35 Mb cos seis temas do primeiro traballo de Projecto ['trepia]en mp3premendo aqui ou baixalos directamente coas seguintes ligazóns :
A trépia é umha estrutura sustenta em três peares: Imagem - Dança - Som
A imagem: A posta a disposiçom da música e a dança tradicionais de todo o potencial multimédia que ofrecem os tempos que correm. A vídeo-criaçom como método de expresom válido para a nossa cultura tradicional. Fotografia, gravaçom e documentaçom. Internet como plataforma divulgativa.
A dança: A recriaçom coreográfica baseada na dança tradicional, mais sem esquecer o aporte sempre interesante da dança contemporánea. Três parelhas-base fazendo de-construçom da dança tradicional. Olho! Dixemos de-construçom, nom destruçom.
O som: Como nos outros dous peares, a aplicaçom de novos meios e técnicas à música tradicional. Sampleo de percusons e recursos efectistas. A recolheita de campo já nunca mais será material inerte e anquilosado, senom um instrumento mais ao serviço da expresom cultural.
Três trépias: Associativa – Escénica – Reivindicativa
Associativa: Os três eidos principais de funcionamento englobam-se numha estrutura de Associaçom. Aportará-nos um marco legal desde o que gestionar subvençons, além de ser a entidade que realmente agrupa a tod@s @s participantes do projecto.
Escénica: A trépia levada ao escenário, com contrataçom de músicos, dança e multimédia.
Reivindicativa: A acçom na rua será o eijo fundamental. Dada a acuciante necessidade de transmitir novos valores a respeito da nossa cultura tradicional, achamos indispensável o achegamento à sociedade contemporánea da própia cultura. Performances baseadas na música e dança tradicionais levadas a cabo em distintos espaços públicos... e privados. Registam-se e catalogam-se todas as acçons, para a sua posterior divulgaçom.
A Regueifa Plataforma é un netlabel sen ánimo de lucro dende o que todos aqueles creadores e creadoras que o desexen poden difundir, distribuir e amosar a súa obra libremente baixo licenza Copyleft. Non importa o que fagas (música, videocreación, fotografía, poesía, pintura, banda deseñada, cinema...) nen como o fagas, se é dixitalizábel e queres difundilo na Rede a través do noso netlabel simplemente escrébenos a info@aregueifa.net. Dentro do proxecto e coa fin de apoiar a difusión do indie en galego nasceu en 2007 A Regueifa Discos, un novidoso selo discográfico que ten coma particularidade a de editar baixo licenza Copyleft e sen ánimo de lucro, ficando os grupos e artistas co 100% das ganancias obtidas pola venda da súa música. A licenza Copyleft empregada polo netlabel para a edición das obras é a Creative Commons, permitindo copiar, distribuír e comunicar publicamente as obras e facer obras derivadas sempre que se cumpran as condicións especificadas na licenza.