26.5.09

ATAQUE ESCAMPE - A grande evasión (2009)

Podes baixar un Zip de 66 Mb co disco enteiro en mp3 ou os temas por separado coas seguintes ligazóns:

1. A grande evasión
2. Europa e o ballet
3. Turnip fields forever
4. Narval
5. Lavacolla
6. A febre
7. Sempre nos matan
8. Os vingativos
9. Ti es lawrence?
10. Alvedro
11. O futuro da navegación
12. O último vampiro
13. No estómago dun crocodilo
14. Estrela errante
15. Peinador
16. A abordaxe final
17. Criptozooloxía aplicada
18. Non hai lúa
19. Alcatraz





A grande evasión tamén está editado comercialmente. Podes mercalo en CD en A REGUEIFA TENDA, tendas de discos tradicionais e grandes superficies.


ATAQUE ESCAMPE - A grande evasión
Porque existe o mundo e pode ser de todas... Despois de Galicia es una mierda, Ataque Escampe emprende, neste seu segundo disco, a aventura de construír unha epopea: fuxir da prisión para regresar novamente a ela. Teñan o valor de deixarse levar e acompañar ao grupo nesta longa singradura polas melodías da evasión. De certo que acadarán os lugares máis xélidos e afastados, coñecerán as especies imposíbeis e verán solpores que nunca existirán. E perdan coidado polo seu posto de traballo estábel e remunerado, alí onde irán non o han necesitar. Leven, iso si, unha grande mala, pois estas historias son coma souvenirs: pequenas e baratas na súa extensión, mais enormes ao nos transportaren ao lugar máis inseguro, capitais a arder de ruído, continentes especiais, espaciais. E lembre, o seu camarote está nas orellas, pécheas se non quere que lle rouben algún obxecto valioso Ladies and gentlemen, tomen asento, pechen os ollos e vaian quentando os pés. Come fly with us. A aventura pode comezar.

Contacto: ataqueescampe@gmail.com This e-mail address is being protected from spam bots, you need JavaScript enabled to view it / (+34) 625789363
Myspace: http://www.myspace.com/ataquescampe
Blog: http://ataqueescampe.blogspot.com


Participaron n`A grande evasión:

Álex Charlón: voz, coros
Marco Gelpi: guitarra eléctrica
Miguel Mosqueira: guitarras, baixo, coros, voz
Samuel Solleiro: banjo, guitarras, slide, xilófono e coros.
Roi Vidal: batería electrónica, kazoo, coros.
Francesc 'Paq' Esteve: acordeón.
Xoán Lois G. Carlín: piano, teclados e sintetizadores.

Coa colaboración especial de:

Luís Garrido: saxo alto en “No estómago dun crocodilo”
Roi do Forno: violín en “Europa e o ballet”
Manuel Payno: trompeta en “Non hai lúa”

Gravouse nos estudios do edificio Avante (Santiago de Compostela) durante o mes de marzo e foi mesturado e masterizado en abril de 2009.

Gravación: Marcos Payno e Tomás Axeitos
Mesturas: Tomás Axeitos e Marcos Payno
Masterización: Chou
Fotografía: Alba Viñas
Deseño gráfico: Xosé Carlos Hidalgo

Acompañáronnos nesta grande excursión (sen sabelo): John Sturges, María do Cebreiro, Don Siegel, John Huston, Walter Winser, Lonnie Chatron, Antonio Molina, The Mamas & The Papas, Koji Kondo, María Lado, Lee Marvin, The Beatles, Nicholas Ray, Raoul Walsh, David Lean, Neil Young, Andrés do Barro e The Shadows. Elas e eles saberán disimular. A propiedade intelectual é un roubo. Obrigadas a toda a xente que nos quere, xuntas ou por separado. Producido e perpetrado por Ataque Escampe.

DISCOGRAFÍA
-Galicia es una fiesta - Ataque Escampe meets Dr. Painkiller (ARP, 2008)

-Galicia es una mierda (ARP e A Regueifa Discos, 2008)
-Ed Wood e a invasión dos paraugas asasinos (ARP, 2007)

DISCOS COLECTIVOS

-GZ Pop! A nova fornada de pop en galego (Xunta de Galicia, 2008)

-Manifesto Dobarrista (ARP, Lonxa Cultural, Falcatruada 2007)
-Esccolma (Caramuxo 2007)
-Aturuxa! (C.S. Aturuxo 2007)


Criptozooloxía aplicada (Videoclip)


19.5.09

INES LISTE - Teria que drogarme (2009)


Podes baixar o libro electrónico en formato PDF coa seguinte ligazón:



Hai historias preciosas a acontecer arredor de nós, historias que se van xestando ata estourar no ceo como cohetes. Cando mesturas esas marabillosas historias coa raiba, a dor e a impotencia acontece o horror: tropezar nunha pedra e non ser quen de saír dos acantilados nos que unha cae. Nos mesmos acantilados nos que se cae cando momentos de extrema lucidez che amosan a merda toda do mundo. E caes sentindo coiteladas na carne (que aturas porque todo semella tan irreal que ten que ser mentira) mentres na desesperación as ilusións van morrendo. E un día estoupas e abres os ollos e non é esa a vida que querías vivir e acontece “Tería que drogarme”. Porque hai vida. Porque así é a vida.

SOBRE A AUTORA
Inés Liste, baixo o pseudónimo de besbe, comezou a escribir un blogue no 2006, colaborou na revista de música Sono-Tone e escribiu artigos de opinión no xornal Galiciaé. A Regueifa doulle a oportunidade de sacar á luz 28 e a idea de coordinar Proxecto Identidade. Agora presenta Tería que drogarme.

4.5.09

FANNY + ALEXANDER - Alfaias (2009)

Podes baixar un Zip de 84 Mb co disco enteiro en mp3 ou os temas por separado coas seguintes ligazóns:

FANNY + ALEXANDER - Alfaias (2009).zip

  1. Setecentos
  2. Espida de credo
  3. Tardes de domingo
  4. Píntamas de escuro
  5. Na febre dos incendios
  6. Artefacto Burbur
  7. Vigo ou Berlin
  8. Que non caiba máis nada
  9. Toda esa enerxía escura
  10. Autopoética in Progress
  11. Mans abertas e ollos pechados



Alfaias tamén está editado comercialmente. Podes mercalo en CD en A REGUEIFA TENDA, tendas de discos tradicionais e grandes superficies. Tamén está disponible en Itunes.


FANNY+ALEXANDER – Alfaias (A Regueifa Discos, 2009)

Os composteláns Fanny + Alexander están de volta co seu terceiro disco, Alfaias, de novo editado baixo licenza Creative Commons tanto en formato físico a traves de A Regueifa Discos coma en formato mp3 no netlabel A Regueifa Plataforma. Ao longo de once novos temas o duo percorre as distintas aristas do poliédrico Pop contemporáneo, indo dende o pop indietrónico de temas coma Setecentos e Espida de credo até o pop acústico e canónico de músicas coma Tardes de domingo e Na febre dos incendios, sen renunciar nunca á atitude experimentadora e permanente vontade de penetrar en estilos aínda inéditos na nosa lingua, coa firme vocación de levar o pop galego aos sons do século XXI.
Continuando coa liña dos seus dous primeiros traballos, as letras de todos os temas son adapatacións de textos de autores galegos da súa xeración (Mario Regueira, Emma Couceiro, Diego Ameixeiras, Lara Dopazo Ruibal, Xiana Arias, Igor Lugris, Pedro Lamas, Yolanda Castaño, Estibaliz Espinosa, Daniel Salgado e Alberte Momán), contando ademais coa colaboración das voces de Carlos Valcárcel de Projecto Mourente en Artefacto Burbur, Martin Wu de The Homens en Toda esa enerxia escura, Alex Charlón de Ataque Escampe en Vigo ou Berlin e o hammond de Banin de Los Planetas en Tardes de domingo.

Contacto: fannyalexander@gmail.com / (+34) 685886158
Myspace:
www.myspace.com/fannyealexander
Web:
www.fannyalexander.net
Fanny + Alexander
en Facebook


Fanny + Alexander: Efi (voz, guitarra acústica e frauta traveseira) e Noel (voz, guitarra eléctrica, guitarra midi, teclados, baixo, batería electrónica, gaita midi, sampling, arranxos e programacións).

Todos os temas compostos, interpretados e producidos por Fanny + Alexander. As letras son adaptacións de poemas dos seguintes autores: Mario Regueira (1), Emma Couceiro (2), Lara Dopazo Ruibal (4), Xiana Arias (5), Igor Lugris (6), Pedro Lamas (7), Yolanda Castaño (8), Estibaliz Espinosa (9), Daniel Salgado (10) e Alberte Momán (11). Tardes de domingo (3) é a adaptación dun capítulo da novela Tres segundos de memoria de Diego Ameixeiras. Colaboraron coas súas voces: Carlos Valcárcel de Projecto Mourente (6), Martin Wu de The Homens (9), Alex Charlón de Ataque Escampe (7). Esteban Fraile "Banin" de Los Planetas tocou o hammond en Tardes de domingo. Foto da capa de Ed Uthman baixo licenza Creative Commons. Gravado, mesturado e masterizado na casa entre o inverno de 2008 e a primavera de 2009.

DISCOGRAFIA:
- Fanny + Alexander - Alfaias (2009)
- Fanny + Alexander - Finais dos 70's, comezos dos 80's (2007)
- Fanny + Alexander - Lusco e fusco (2006)

DISCOS COLECTIVOS:
- VV. AA - GZ POP! A nova fornada de Pop en Galego (2008)

- VV. AA. - Manifesto Dobarrista (Falcatruada, 2007)
- VV. AA. - EsCColma. Escoita e apoia (Caramuxo, 2007)
- VV. AA. - A Per Loca (Komunikando, 2006)

BANDAS SONORAS:
- NEMO (Miguel Mariño, 2008)
- SANATORIO (Jacobo Paz, 2006)

Setecentos (Videoclip)

Espida de credo (Videoclip)


A Regueifa Netlabel www.aregueifa.net Apdo. de Correos 157 15780 Santiago de Compostela (CC) 2009

Alguns dereitos reservados